top of page
Obxectivos específicios:
 
  • Aproximarse ao mundo natural a través de pequenas investigacións científicas.

 

  • Coñecer e aplicar técnicas e materiais plásticos e visuais: debuxo, pintura, collage, volume, construción, modelado, fotografía, etc.

 

  • Establecer ferramentas de creación, formas de facer abertas que non buscan un único resultado se non que son froito da proba, da observación e da experimentación.

 

  • Aprender a xerar un imaxinario persoal á marxe da convención e os modelos establecidos.

 

  • Valorar ás matemáticas como instrumento na arte e na ciencia.

 

  • Ensinar e aprender matemáticas a partir de contextos reais.

 

Que é "Ao redor da natureza"

Obxectivos xerais:
 
  • Desenvolver un programa de actividades educativas de calidade ao redor da natureza e de tres grandes Áreas (Educación Artística, Coñecemento do medio natural, social e cultural e Matemáticas), que permita conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais durante as vacacións.

 

  • Fomentar unha actitude reflexiva, crítica e respectuosa ante a natureza.

 

  • Achegarse á natureza dende un continuo proceso de investigación que poña en valor o contexto que nos rodea.

 

  • Programar un conxunto de actividades organizadas tendo en consideración o proceso educativo dos nenos (3-12 anos) e adaptadas ás diferentes idades dos participantes.

 

  • Desenvolver un proxecto educativo, coa colaboración e asesoramento por parte de profesores do departamento de  Didáctica das Ciencias Experimentais: Área de Didáctica das Ciencias Experimentais (Virginia Aznar Cuadrado), Área de Didáctica das Matemáticas (Pablo González Sequeiros), e do departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal: Área de Didáctica da expresión plástica (Vicente Blanco Mosquera e Salvador Cidras Robles) da Facultade de Formación do Profesorado (USC-Campus de Lugo).

  • Desenvolver un proxecto educativo ao redor da natureza e fundamentado na interdisciplinariedade, de tal xeito que as actividades incluídas dentro do proxecto contribúan ao desenvolvemento das competencias básicas que permiten encamiñar todo o alumnado cara o logro dunha formación integral: competencia en comunicación lingüística; competencia matemática; competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico; tratamento da información e competencia dixital; competencia social e cidadá; competencia cultural e artística; competencia para aprender a aprender; autonomía e iniciativa persoal.

  • Proporcionar a monitores, profesionais e futuros profesionais do ámbito da educación unha oportunidade laboral para completar a súa formación didáctico-disciplinar nun contexto de práctica real.

  • "Ao redor da natureza: Obradoiros para coñecer e investigar o muno que nos rodea"  é un programa de actividades educativas de calidade que xiran ao redor da natureza e de tres grandes Áreas (Educación Artística, Coñecemento do medio natural, social e cultural e Matemáticas), que permite 

  • conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais durante as vacacións.

Finalidade
bottom of page