top of page

Inscricións

Prezos

(Según o tipo de alumnado e a cantidade de alumnos na mesma inscrición)

OPCIÓN A 

1 Alumno ou máis na mesma inscrición 

(que non sexan irmáns)

 

1 Semana: 55 €/alumno

2 Semanas: 105 €/alumno

3 Semanas: 150 €/alumno

4 Semanas: 185 €/alumno

5 Semanas: 220 €/alumno

OPCIÓN B 

2 Alumnos ou máis na mesma inscrición 

(que sexan irmáns)

 

1 Semana: 50 €/alumno

2 Semanas: 100 €/alumno

3 Semanas: 140 €/alumno

4 Semanas: 175 €/alumno

5 Semanas: 210 €/alumno

OPCIÓN C

1 Alumno ou máis na mesma inscrición 

*(fIllos membros USC)

 

1 Semana: 45 €/alumno

*2 Semanas: 95 €/alumno (Correción)

Onde pon 95 é 90

(Tamén nas follas de inscrición)

3 Semanas: 135 €/alumno

4 Semanas: 170 €/alumno

5 Semanas: 200 €/alumno

 

*Necesario presentar a tarxeta TUI para xustificar a relación coa USC

Descargar:

Descargar:

Descargar:

 Como facer a inscrición ?

1. Descarga a Folla 1 de inscrición (Folla 1 de 2) neste enlace: 

    Tamén podes acercarte a un dos puntos oficiais de inscrición que existen na Cidade de Lugo e solicitar as follas de inscrición:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2. Cubre os datos persoais na Folla 1 de inscrición. (Folla 1 de 2)

 

 

 

3. Cubre cunha X* a Folla 2 de inscrición (Folla 2 de 2). (Para descargar o modelo de Folla 2 o enlace está ao final desta páxina)

    Existen 3 Modelos de Folla 2 de 2, correspondentes según o tipo de alumnado e a cantidade de alumnos na mesma inscrición:

 

Modelo A: Para 1 alumno ou máis na mesma inscrición (que non sexan irmáns) 

Modelo B: Para 2 alumnos ou máis na mesma inscrición (que  sexan irmáns)

Modelo C: Para 1 alumno ou máis na mesma inscrición (Fillos membros da USC)

 

* Unha vez descargada a folla, poderás comprobar que en calquera dos modelos,

terás que cubrir cunha X aquelas semanas nas que participará o alumnado.

 

 

 

4. Unha vez cuberto as dúas follas de inscrición, terás que facer un ingreso no seguinte nº de conta (co importe según a cantidade de alumnos inscritos):

 

nº Conta:

 

IBAN ES64- 0182-6620-6502-0165-2020 (BBVA)

 

Concepto do ingreso:

Natureza +  Nome Persoal da persoa que aparece como nai/pai ou titor na Folla 1 de inscrición ou Nome do alumno inscrito.

 

 

 

5. Finalmente, xa cubertas as follas de inscrición e feito o ingreso, deberás enviar a seguinte documentación por correo electrónico ou presentala nun dos puntos oficiais de inscrición sinalados no apartado 1.

 

Documentación a enviar:

 

a) Follas 1 e 2 (según o modelo que corresponda A, B ou C ) de inscrición.

b) Xustificante de ingreso do pago da inscrición.

c) DNI da nai/pai ou titor que aparece na folla 1 de inscrición.

d) DNI do alumnado que aparece na inscrición.

e) De ser o caso, a tarxeta TUI que xustifica a relación coa Universidade de Santiago de Compostela.

 

Dirección de correo electrónico para enviar a documentación

 

ogmiosgalicia@gmail.com

Antes de facer a inscrición é importante que saibas que... 

1."Ao redor da natureza" é un proxecto que conta con tódalas garantías de seguridade por e para calquera imprevisto que puidera xurdir no transcurso do mesmo, posto que estará cuberto por un seguro de responsabilidade civil que Ogmios S.L. ten contratado coa empresa REALE SEGUROS GENERALES S.A, co número de póliza 1331300009495/0.

 

2.Ogmios S.L. é unha empresa legalmente constituída, inscrita no rexistro mercantil de Pontevedra. Tomo 3891 do arquivo, no folio 40, folla PO-49.200 inscrición primeira..

 

3. Existe un límite de prazas semanais por etapa educativa e por ciclo: 20 para infantil e 60 para primaria (20 prazas por ciclo)

 

4. A ratio de alumnos por mestre é: 20/2 + un supervisor.

 

5. As prazas reservaranse por rigurosa orden de inscrición. (Día e hora do ingreso/pago da inscrición).

 

6. O prazo de inscrición péchase 10 días antes do inicio de cada semana:

 

a) Para a 1ª Semana: 20 de Xuño.

b) Para a 2ª Semana: 27 de Xuño.

c) Para a 3ª Semana: 4 de Xullo.

d) Para a 4ª Semana: 11 de Xullo.

e) Para a 5ª Semana: 18 de Xullo.

 

7. O número mínimo de alumnos para que se desenvolva unha semana será de 10 alumnos/as por ciclo ou etapa educativa. No caso de que un grupo semanal (infantil, 1 ciclo primaria, 2 ciclo de primaria ou 3 ciclo de primaria) non acade o límite mínimo (10 alumnos/as) será cancelada dita semana, so e exclusivamente, para ese grupo.

 

Unha vez cancelada a semana para o grupo que non acadou o límite mínimo de inscricións, a dirección do programa poñerase en contacto con tódalas persoas afectadas e interesadas 9 días antes do inicio de dita semana. Farase a devolución do importe abonado nun periodo aproximado de 5-7 días.

 

8. Cancelacións por parte dos inscritos: Calquera persoa poderá cancelar a súa inscrición, tendo en consideración as seguintes cuestións: 

 

a) Desde a dirección do programa apóstase por unha politica das seguintes características, para evitar desaxustes que poidan afectar a terceiras persoas (outros alumnos do proxecto)

b) As cancelacións serán de semanas completas e en ningún caso de días soltos

c) As cancelacións que se fagan antes de 12 días do inicio da semana non terán recargo.

d) As cancelacións que se fagan de 9 a 5 días antes do inicio da semana terán un recargo do 25% do importe abonado.

e) As cancelacións que se fangan de 1 a 5 días antes do inicio da semana terán un recargo do 50% do importe abonado.

f) Para cancelacións que se fagan xa iniciada a semana non se farán devolucións.

 

9. Como se xestionan os datos de carácter persoal que achego á hora de formalizar a miña solicitude?

En cumprimento do disposto na Ley Orgánica do 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal , a dirección e Ogmios S.L. aseguran a confidencialidade dos datos achegados polos inscritos, sendo estes incorporados a un ficheiro de tratamento de datos. A dirección, resérvase o dereito a realizar compilacións fotográficas do desenvolvemento das actividades para a súa posterior distribución entre os participantes.

 

 

10.Que ocorre se hai un mal comportamento ou incumprimento das normas de bo funcionamento  por parte dalgún dos participantes?

A entidade responsable do programa (Ogmios S.L.) resérvase o dereito a interromper xustificadamente unha participación a calquera neno/a matriculado, que altere o bo funcionamento e o transcurso normal do servizo, mediando sempre nestes casos un contacto previo cos pais e /ou titores.

 

11.Aceptación das bases.

A realización da inscrición leva o pleno coñecemento e aceptación das condicións establecidas.

 

bottom of page